TOUPIÑA ESPECIAL 2019
Cervexa de estilo American Pale Ale elaborada en Galicia. Serie limitada de 2500 unidades con etiqueta deseñada por Damián Paío.Impresión Xeral
Cervexa refrescante e lupulada, pero con suficiente sostemento da malte.
Aroma
Aroma a lúpulo, moderado polas últimas adicións de lúpulo de variedades americanas no recipiente de cocción. Un carácter cítrico, maltosidade baixa a moderada que mantén a presentación do lúpulo. Os ésteres frutais moderados.
Apariencia
Cor dourada pálida a ámbar profundo. Espuma moderadamente voluminosa, de tonalidade branca a brancuxenta, con boa retención e bastante cristalina.
Historia do estilo
Trátase dunha adaptación americana da English Pale Ale, que reflicte os ingredientes nativos (lúpulo, malte, fermento e auga). Frecuentemente máis clara na cor, máis limpa na fermentación e tendo menos sabores a caramelo que a contraparte inglesa.
Gradación alcohólica
7,2 % vol.
Etiqueta
O deseño da edición especial Toupiña 2019 foi obra do pintor lalinense Damián Paío.
O mundo toupiña
Último post do noso Blog
Ingredientes da cervexa
Auga É un ingrediente fundamental, xa que supón ó redor dun 90% da composición da cervexa....
Aviso legal, condicións de uso e política de privacidade