Impresión Xeral
Unha ale baseada en trigo refrescante, elegante, saborosa, de moderada intensidade..
Aroma
Moderada maltosidade doce, con aromáticos de trigo lixeiros, especiados e a grans, e con un pouco de acidez. Moderado perfume a comino, a cotío cunha complexa nota herbal, especiada ou pementada no fondo. Moderada froitosidade vivaz cítrica a laranxa. Un baixo aroma a lúpulo especiado-herbal. As especias mestúranse con aromas frutais, florais e doces e non son demasiado fortes.
Apariencia
Cor paxiza moi pálida a moi lixeiramente dourada. A cervexa é moi nublada pola bruma do almidón e/ou o lévedo, o que lle da unha aparencia leitosa, de aspecto branquecino-marelo. Espuma densa, branca, como a mousse. A retención de espuma é bastante boa.
Historia do estilo
Un estilo de cervexa con 400 años de idade que desapareceu en 1950.
Máis tarde foi revivida por Pierre Celis en Hoegaarden e medrou de forma constante en popularidade co tempo, tanto cos cervexeiros artesás modernos como cos produtores para mercados masivos, que a ven como unha cervexa estacional de verán algo frutal.
Ingredientes característicos
Ó redor dun 50% de trigo sen maltear e un 50% de malte de cebada pálida (usualmente malte Pilsen) constitúen a receita de grans.
Nalgunhas versións, emprégase ata un 5-10% de avea crúa. Especias de cilantro e
comino recén moído e cáscara de laranxa doce complementan o aroma doce. Lévedo ale propenso á produción de sabores suaves.
Gradación alcohólica
4 % vol.
O mundo toupiña
Último post do noso Blog
Ingredientes da cervexa
Auga É un ingrediente fundamental, xa que supón ó redor dun 90% da composición da cervexa....
Aviso legal, condicións de uso e política de privacidade