TOUPIÑA ESPECIAL 2018
Cervexa de estilo Blonde Ale elaborada en Galicia. Serie limitada de 2500 unidades con etiqueta deseñada por Armindo Salgueiro.Impresión Xeral
Unha cervexa artesá tipo americana, doada de beber e accesible, orientada á malte, frecuentemente con interesantes notas a froita, lúpulo ou carácter de malte. Ben balanceada e limpa, é unha pinta refrescante sen sabores agresivos.
Aroma
Lixeiro a moderado aroma a malte doce, posiblemente cunha lixeira nota a pan ou caramelo. Baixa a moderada froitosidade, pero aceptable. Ten un aroma a lúpulo de baixo a medio, e pode reflexar case calquera variedade de lúpulo, añinda que son comúns notas cítricas, florais, frutais e especiadas.
Apariencia
Cor marela suave a dourada profunda. Clara a brillante. Espuma branca baixa a media, con regular a boa retención da mesma.
Historia do estilo
Un estilo de cervexa artesá americana producida por moitas microcervexerías e brewpubs, particularmente aqueles que non poden producir lagers. Existen variacións rexionais (moitos brewpubs da costa oeste de Estados Unidos son exemplos más asertivos, como ales pálidas), pero na maioría dos lugares esta cervexa está deseñada como a menos desafiante do seu tipo.
Gradación alcohólica
6,4 % vol.
Etiqueta
O deseño da etiqueta da edición especial Toupiña 2018 foi obra do pintor lalinense Armindo Salgueiro.
O mundo toupiña
Último post do noso Blog
Ingredientes da cervexa
Auga É un ingrediente fundamental, xa que supón ó redor dun 90% da composición da cervexa....
Aviso legal, condicións de uso e política de privacidade