Impresión Xeral
Profundo vermello-cobrizo, moderadamente forte, maltosa, complexa, con ricos sabores de malte, ésteres a froitas escuras ou secas, e lixeiro alcol mesturados xuntos nunha presentación que aunque maltosa remata bastante seca.
Aroma
Complexos e ricamente doces aromas a malte, posiblemente con toques a chocolate, caramelo e/ou tostado (pero nunca aromas torrados ou queimados).
Ésteres frutais moderados (xeralmente incluindo pasas e ameixas, as veces tamén cereixas secas). Os ésteres incluen as veces plátano ou mazá. Os fenois especiados e os alcoles superiores son comúns (poden incluir lixeiro clavo de olor e especias, pementa e notas como a rosas e perfume). As cualidades especiadas poden ser de moderadas a moi baixas.
O alcol, se está presente, é suave e nunca quente ou a solvente. Baixo a ningún aroma a lúpulo especiado, herbal ou floral, polo xeral ausente. A malte é máis prominente no balance con ésteres e un toque de alcol no soporte mesturados xuntos para unha armoniosa presentación.
Apariencia
Cor ámbar oscuro a cobre, con unha atractiva profundidade de cor vermello. Xeralmente clara. Escuma beige, grande, densa e cremosa de longa duración.
Sabor E sensación en boca
Cualidades similares ó aroma. Complexo sabor de malte media a media-plena que ainda ricamente doce no paladar, termina moderadamente seca.
Complexa interacción de malte, ésteres, alcol e fenois (sabores a pasas son comuns; sabores a froitas secas son benvidos; clavo de olor ou pementa especiada son opcionais).
O balance é sempre hacia a malte. Amargor medio-baixo que non persiste no retrogusto. Baixo sabor a lúpulo especiado, floral ou herbal é opcional, e non soe estar presente.
Corpo medio-pleno. Carbonatación media-alta, a cal pode influir na percepción do corpo. Baixa tibieza de alcol. Suave, nunca quente ou a solvente.
Historia do estilo
Orixinada nos mosteiros da Idade Media, foi revivida a mediados do 1800 despois da era Napoleónica.
Ingredientes característicos
Se utilizan comúnmente cepas de levadura belga propensas á produción de alcoles superiores, ésteres e compostos fenólicos.
Unha impresión de molienda complexa en graos, ainda que as versións tradicionais utilizan típicamente malte Pils belga con xarabe de zucre caramelizado ou outros zucres sen refinar que proporcionan gran parte do carácter.
Lúpulos tipo Saaz, tipo inglés ou Styrian Goldings son comúnmente utilizados. Tradicionalmente non se usan especies, ainda que o uso restrinxido está permitido (só para reforzar a intensidade de fondo).
Estadísticas vitais
OG: 1.062 – 1.075
FG: 1.008 – 1.018
IBUs: 15 – 25
SRM: 10 – 17
ABV: 6.0 – 7.6%
O mundo toupiña
Último post do noso Blog
Ingredientes da cervexa
Auga É un ingrediente fundamental, xa que supón ó redor dun 90% da composición da cervexa....
Aviso legal, condicións de uso e política de privacidade