AUGA
Auga con orixe en Lagazós, un dos catro ingredientes principais da cervexa.
É un ingrediente fundamental, xa que supón ó redor dun 90% da composición da cervexa.
Tradicionalmente, a produción desta bebida situouse preto de fontes, mananciais e, en xeral, lugares onde existía auga abundante e de calidade.
A composición química da auga, concretamente as sales disoltas, incide directamente no aspecto e no sabor da cervexa. Tradicionalmente empregábase sen modificacións, polo que a elaboración estaba totalmente condicionada polas características da auga local. Hoxe en día, os modernos sistemas de tratamento das augas permiten engadir ou quitar sales minerais en función do tipo de cervexa que se pretenda elaborar; en consecuencia, a composición da auga pode ser modificada ata facela apta para calquera tipo ou estilo de cervexa. Isto tamén é importante porque permite obter un auga cas mesmas características para cada receita de cervexa, e así contribuír á homoxeneidade do produto final.
Na elaboración das cervexas Toupiña non modificamos as características nin cualidades da auga de Lagazós, xa que consideramos que é de excelente calidade per se.

O mundo toupiña
Último post do noso Blog
Ingredientes da cervexa
Auga É un ingrediente fundamental, xa que supón ó redor dun 90% da composición da cervexa....
Aviso legal, condicións de uso e política de privacidade