LÉVEDOs
Un dos catro ingredientes principais da cervexa, a parte vital.O lévedo é o segredo das cervexeiras, xa que é o verdadeiro mestre cervexeiro. É a vida da cervexa, a súa parte vital.
O lévedo é un fungo microscópico unicelular que ten a capacidade de realizar a descomposición de elementos orgánicos como son os hidratos de carbono (zucres), producindo distintas sustancias, destacando entre elas o alcol e o CO2.
Existen dous tipos básicos de lévedos, que definen os dous grandes grupos de estilos de cervexa: as de alta fermentación ou Ale (Saccharomyces cerevisiae) e as de baixa fermentación ou Lager (Saccharomyces carlsbergensis). Dentro destes dous tipos, hai unha gran diversidade de variedades, que son o froito da selección dos elaboradores ó longo do tempo e que explican a ampla riqueza existente no mundo da cervexa.
As cervexas Toupiña son cervexas de alta fermentación ou Ale. A fermentación ten lugar a unha temperatura comprendida entre 17º e 25ºC, dependendo do estilo de cervexa de que se trate.
O mundo toupiña
Último post do noso Blog
Ingredientes da cervexa
Auga É un ingrediente fundamental, xa que supón ó redor dun 90% da composición da cervexa....
Aviso legal, condicións de uso e política de privacidade