AS nosaS CERVEXAS
Cervexas da terra. Artesás, ecolóxicas e galegas. Conta connosco une, dole, trele, candele...ESCOLLE A TUA TOUPIÑA
TOUPIÑA "UNE"
Cervexa tostada, estilo Belgian Dubbel elaborada en Galicia.
TOUPIÑA "DOLE"
Cervexa de trigo, estilo Witbier elaborada en Galicia.
As nosas cervexas especiais
Estas son as primeiras cervexas elaboradas só con ingredientes galegos; lúpulo ecolóxico e cebada (orxo) ecolóxica malteada por Toupiña. Elabóranse 2500 unidades de forma limitada anualmente e cada unha ten unha etiqueta orixinal deseñada por artistas lalinenses.
TOUPIÑA ESPECIAL 2018
Cervexa de estilo Blonde Ale elaborada en Galicia. Serie limitada con etiqueta deseñada por Armindo Salgueiro.
TOUPIÑA ESPECIAL 2019
Cervexa de estilo American Pale Ale elaborada en Galicia. Serie limitada con etiqueta deseñada por Damián Paío.
Conservación
- Mantén as botellas sempre de pé.
- Gardaa nun lugar fresco e seco.
- Que non lle dea a luz solar.
- Temperatura de garda entre 12º e 14º.
DEGUSTACIÓN
- Meter na neveira o día anterior a consumila.
- Non gardar no frigorífico máis dunha semana.
- Temperatura de consumo entre 8ºC e 10ºC.
- Recipiente de verter sen restos de xabón.
- Servir en vidro.
- Non se botan pousos (exceptuando as de trigo).
O porqué do noso etiquetado
Dende o 1 de xullo de 2010, é obrigatoria a utilización do novo logotipo ecolóxico da UE nos produtos alimenticios producidos mediante agricultura ecolóxica. Ademais, deberán conter unha referencia ao organismo de control que certifica ese produto, así como a indicación do lugar de procedencia das materias primas que compoñen o produto.
O etiquetado dun produto ecolóxico debe estar facilmente visible no envase.
O logo de agricultura ecolóxica da UE ofrece os consumidores plenas garantías de que o orixe e a calidade dos alimentos e bebidas cumpre os requisitos establecidos no Regulamento de agricultura ecolóxica da UE.
O novo logotipo ecolóxico é o segundo símbolo de certificación de produtos ecolóxicos na UE. O primeiro foi lanzado a finales da década de 1990 e se aplicou de forma voluntaria. Este queda en desuso dende o 1 de xullo de 2010, anque aínda pode aparecer en algúns produtos segunda pasen a través da cadea de suministro.
Logotipo europeo
Toupeamos?
O mundo toupiña
Último post do noso Blog
Ingredientes da cervexa
Auga É un ingrediente fundamental, xa que supón ó redor dun 90% da composición da cervexa....
Aviso legal, condicións de uso e política de privacidade